Nova derrota do Sporting nas Cachizas diante o Dorrón, xogamos coma nunca e perdemos coma sempre, esta sería a lectura do partido, despregamos un xogo áxil e dinámico con boas internadas polas bandas pero errando nos pases curtos e nos balóns comprometidos na defensa. Certo é que o Dorrón tampouco amosou moito xogo pero si soubo aproveitar as suas oportunidades de cara o marco contrario facéndose eco dos erros na defensa do Sporting, a todo isto sumámoslle un par de boas paradas por parte do porteiro do Dorrón (Juan) e uns erros garrafais da dianteira do Sporting e danos un resultado de 2 - 3 favorable o Dorrón cos seguintes goleadores: 0 - 1 Lobato, 1 -1 Dany Wapo, 1 - 2 Prego, 1 - 3 Piñeiro e o definitivo 2 - 3 Miguelito. Cabe salientar o gol do empate a uns, obra de Dany Wapo de remate inapelable de cabeza pola escuadra despois dun centro pola dereita preciso coma un reloxo suizo de Lucho, tuvemos 2 ou 3 claras oportunidades claras de marcar algún gol mais, David Prado de forte disparo dende fora do área q fixo q Juan se empregara a fondo co posterior rechace q Josetxu desaproveitou e outro centro dende a dereita por parte de Lucho q rematou Isma q dunha boa estirada de Juan q mandou a corner, a sorte enos esquiva unha vez mais. Coma case sempre o cancerbeiro do Sporting foi un dos mellores cun par de intervencions de moito mérito e a verdade é que temos un porteiro q non nos merecemos. Trato aparte merece o arbitro, q era toda unha persoaxe, pasouno bomba o tipo!... polo demais estuvo correcto, amosou tarxetas amarelas a Berto por agarrón claro (tipo Davichu contra o Libertad) e a Chiqui por leñero. Proxima semana, Bamio, e co él empeza a nosa verdadeira liga, os ultimos 8 derradeiros encontros da tempada que coinciden con rivais directos de cara a permanencia nesta división no caso de que houbera outra división inferior, claro está. Forza Sporting, OE!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario