O Sporting sigue a sua mala racha de resultados inda que non de xogo, quizais o xogo despregado non chegou o nivel do partido anterior co Umia, pero si que debería de chegar para cando menos empatar co Drakkar pero o final o resultado é o que manda e volvemos caer, esta vez no campo de As Lombas en Catoira.
Campo da Lomba en Catoira, un campazo de herba artificial, grande coma un día sen pan, pero a verdade e que daba gusto xogar nel. Comezamos o partido coma todos, dubitativos e moi frios, co esquema base da tempada pasada, un 4-4-2, na porteria, e estrenándose co Sporting topábase Alvarito, cos irmans Prado de Centrais, Lempos pola esquerda e Dany@ pola dereita, no medio campo Chiki e Isma con Lucho pola dereita e Berto pola esquerda na punta Josetxu e Miguel. Comezou o partido cun tira e afloxa entre o Sporting e o Drakkar con poucas ocasións claras para os dous equipos ata que no minuto 20, o Drakkar combinou unha boa xogada pola esquerda que rematou cun pase atrás o borde do área grande e un disparo certeio a base do pau, alá donde o porteiro non podia chegar, era o 1 - 0. Pouco despois o Sporting desaproveitou a mellor ocasión da primeira parte o chegarlle a Josetxu un balón o pico da área grande pola dereita, pasou a Miguel, que errou no disparo e o balón marchouse fora. Remataba a primeira parte sen mais ocasións que salientar. Comezaba a segunda parte co cambio de Miguel por Rike para tratar de darlle mais ideas e frescura o xogo de ataque do sporting, cambiamos o esquema e puxemos un ofensivo 3-5-2 merced a iso chegaron as mellores ocasións, abafamolo xogo do Drakkar qué so saian en contados contragolpes e cando estábamos merecendo o empate, chegou o mazazo, un erro entre a defensa e o porteiro remata co gol en propia meta de David Prado cando lle trataba de ceder o porteiro de cabeza, o balón entrou chorando na portería mentres o porteiro corría tras dela sen poder alcanzala... A partir de ahí o partido descontrolouse, varios remates contra a meta do Drakkar infructuosos ocasións pouco claras para ambos equipos e así pasaba o tempo, o Sporting desconcentrouse, saeu o terreo de xogo Andresito por Berto, no minuto '67, logo Fernando (Gemelo) por Dany @ no '75 e Fran "Miri" por Lucho 2 minutos despois, pero o equipo xa estaba descolocado, o esquema xa non existía e non levantaba cabeza, a 5 minutos do final David Prado enmedaba o seu erro no 2º gol e marcaba o 2 - 1 de cabeza o adiantarse no salto ao porteiro e rematar o fondo das mallas. Xa non habería tempo para mais, e remataba o partido co resultado final de 2 - 1 a prol do Drakkar. Xa nos vestiarios, indignación do mister e unha bronca criminal do mister polos erros tácticos.
Aproveito o artículo pra comentarlle a afición que o mister xa recibiu o bocadillo de membrillo prometido por Berto co motivo da remontada contra o Umia a xornada anterior.
5 comentarios:
Nunca entendere la suplencia de Mirito en vuestro ekipo.Es un homble clave en vuestra defensa,parece mentira que Cotton no se de cuenta.
sois unos putos mantas
o que tendes que faser e correr mais e non xojar coma señoritas.que se poña o voso entrenador de central xk vaia banda que tendes ahi cos gemelos
cajo na cona cos votou. podíamos subir catro postos e agora imos de terceiros pola cola. Era a xornada clave para poñerse por diantre do Dorrón e desaproveitadela. Vou ter que volver de Segovia, para darlle frescura ó medio do campo.Así non creo que cheguemos os 15 puntos!!
Bo partido polas dúas partes.
Por cierto, o campo creo que é "As Lombas".
A Lomba creo que é o do arousa, non si?
Publicar un comentario